27/02/12

Aprendendo a ser profe

Hoxe teño unha pequena charla na facultade de ciencias da educación da USC con futuros profes de secundaria (se a crise non o impide). Non me fixen de rogar e aceptei, porque deixeime contaxiar de contado polo entusiasmo de Zeltia Laya, ex-alumna do IES de Melide e compañeira de prácticas na materia de filosofía, que foi quen mo propuxo. Sinto certo pudor ao publicar este post coa presentación que segue, porque penso que eu non podo ensinar nada sobre didáctica e bastante teño con superar as propias frustracións. Como moito, poido compartir a miña experiencia e, se cadra, a moita ilusión que aínda me queda a pesares dos fracasos de cada día.

3 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dixo...

impresionante Susana, que gran presentación!! Seguro que gaña en vivo e en directo!!

Ana Ovando dixo...

Me alegro de que hayas dejado atrás ese pudor del que hablas porque tenemos mucho que aprender de ti, de tu entusiasmo, de tu manera de compartir, de tu experiencia. Son afortunados los que asistirán a tu charla, ya me gustaría poder hacerlo también.

Zeltia dixo...

Si a verdade e que é un pracer Susana!:D Grazas a ti por facer que aprenda a entusiasmarme até a fin!:D