21/04/13

LAS ÁGUILAS DE ROMA

O primeiro volume da serie en cómic Las Águilas de Roma,  foi a lectura escollida por Mariano e un dos poucos libros comentados na clase de Cultutra Clásica de 3º de ESO até o de agora. Dado que o noso presentador non seguiu os consellos que publicamos hai algúns meses, imos completar algúns datos e tratar de resumir e comentar a exposición.
A serie Las Águilas de Roma consta até o momento de tres volumes publicados pola Editorial Norma. O seu autor é E. Marini, autor tamén de El Escorpión, unha serie de "capa e espada" ben coñecida por algúns lectores de cómic do IES de Melide.
Las Águilas de Roma está ambientada no tempo do emperador Augusto, recén inaugurado o Imperio, e ten por escenario Roma e Xermania. Despois de conseguer unha vitoria sobre os pobos xermanos, o xeneral romano Druso sela alianzas cos vencidos levando fillos dos seus caudillos como reféns a Roma para garantir a paz. Entre eles está Ermanamer, fillo do príncipe querusco Sigmar, que é entregado a Tito Valerio Falco, un severo xeneral retirado, para ser educado coma un romano. Arminio, nome romanizado de Ermanamer, educarase xunto con Marco, fillo de Falco e a súa esposa xermana Albinia. Arminio e Marco enfrontaranse á dureza da educación imposta por Falco e iniciaranse na vida adulta, propia dun noble romano, nunha relación de rivalidade nun principio e de amizade e irmandade de sangue máis tarde.
Un dos apectos máis valorados neste cómic é a perfección do debuxo que nos ilustra de diferentes aspectos da cultura romana: as guerras contra os xermanos, a vida nas villae, a vida na gran urbe romana... Sorprenderon  e fixeron as delicias de algúns/as o explícito das imaxes eróticas e de acción (doma dun cabalo, cacería dun oso...).
A outras/os gustounos especialmente a recreación do foro romano, a vida nunha villa: o triclinium e outras partes da domus, o traballo dos escravos, o labor do paedagogus, a instrución física dos mozos, as panorámicas de Roma, dun campamento romano...

E non remata aquí a historia, os volumes II e III están agardando por vos na biblioteca.


10/03/13

En Lugo, vendo teatro clásico un ano máis... e reflexionando.


Como todos os anos, non podíamos faltar a nosa cita co Festival de Teatro Grecolatino, organizado pola SEEC. Asistimos o primeiro día ás representacións de Agamenón de Esquilo e As Tesmoforiantes de Aristófanes, a cargo do grupo El Ruiseñor. Como é costume no IES de Melide, estas obras son de lectura obrigatoria para os alumnos de Grego e os de Cultura clásica, contando sempre coa axudiña dunhas guías de lectura.
As representacións foron magníficas. Pola mañá os actores foron quen de facernos vivir o ambiente de crimes e violencia da casa de Atreo e as ansias de vinganza de Clitemnestra coa desaprobación dun coro ben sincronicado e cunha boa dición. Pola tarde, xa máis relaxados, rimos un bo cacho ante os apuros de Eurípides e o seu parente por librarse da vinganza das mulleres, sempre vilipendiadas nas obras do tráxico e de paso tamén nas de Aristófanes, que as utiliza constantemente como recurso cómico.
A actitude das rapazas e rapaces do IES de Melide foi, como sempre, excelente, o que anima a seguir realizando actividades extraescolares.
Sempre aproveitamos a xornada de teatro para visitar algún pequeno recinto arqueolóxico ou museo, pero este ano non foi posible, xa que o luns é o día universal de peche de tales lugares. Aproveitamos para dar un paseo pola magnífica muralla de Lugo e estudiar un pouco a súa historia.
Facendo un pequeno balance desta actividade ao longo destes trece anos de vida, podemos afirmar con rotundidade que é sumamente proveitosa, que seguiremos asistindo a este festival e queremos agraceder tanto a SEEC como ao Concello de Lugo a súa organización. Non obstante, imos facer un pouco de crítica construtiva:
- A SEEC pediríamoslle o esforzo de presentar, polo menos, o Festival na lingua do país, xa que parece que non temos posibilidade ningunha de ver algunha representación en galego. Nestes trece anos a presentación foi sempre en castelán e estamos seguros de que os profes de clásicas, expertos en non deixar morrer linguas e políglotas todos eles, son quen de non deixar falecer a súa propia.
- Ao Concello de Lugo pediríamoslle que faga un esforciño máis durante esta semaniña, ampliando horarios de recintos e museos que teñan que ver coa romanización para que os miles de escolares que pasan esa semana pola cidade podan aproveitala un pouco máis, sobre todo aqueles que veñen de máis lonxe.
Quen subscribe este artigo tivo a sorte de asistir aos Ludi Saguntini e non deixa de soñar cuns "Ludi Lucenses", nos que os nosos alumnos/as disfrutasen de talleres, xa non todo o ano como os afortunados valencianos que contan coa Domus Baebia Saguntina, senón só unha semaniña ao ano, a do teatro.
E xa postos a pedir, veña que é gratis. Cando organizamos viaxes a outras comunidas autónomas, observamos que nas páxinas de concellos e organismos oficiais impulsan o coñecemento do seu patrimonio e exhiben toda unha galería de material escolar para o seu aproveitamento. Non sería estupendo (e absolutamente necesario) contar con material didáctico, patrocinado polas nosas consellerías, para traballar mellor nas visitas culturais cos nosos alumnos? Moitos de nós, e xa non digamos o profesorado en paro, estamos dispostos a compartir o noso traballo, a correxilo e aumentalo... ás veces compartilo na rede cos compañeiros non é suficiente, é necesario que as institucións se impliquen e "oficialicen" o seu compromiso co patrimonio e cultura propias.
Aquí queda un humilde ofrecemento ou talvez unha proposta de traballo colectivo.

26/02/13

CADRO XENEALÓXICO DOS ATRIDAS

Seguimos preparando a nosa asistencia ao Agamenón de Esquilo o próximo día 4 de marzo en Lugo. Por si a alguén lle resulta longa a historia da casa de Atreo en formato cómic, aquí vai un cadro xenealóxico da familia dos Atridas, tamén chamados Pelópidas ou Tantálidas.
A particularidade deste cadro xenealóxico é que nel reflectimos a cadea de crimes desta familia maldita que continuou até Orestes e rematou grazas a intervención de Atenea, deusa da sabiduría.
Empregamos os aneis para sinalar matrimonios, os corazóns para as unións extramatrimoniais e o coitelo coas frechas vermellas para os asasinatos.


19/02/13

A CASA DE ATREO, UNHA HISTORIA DE VIOLENCIA

Neste curso temos como lectura obrigatoria o Agamenón de Esquilo, tanto en 3º de ESO (aos que lles custará algo máis) como en 1º de BAC. Ao igual que en anos anteriores, as nosas lecturas coinciden coas obras que imos ver representadas a Lugo, dentro do XIII Festival de Teatro Grecolatino.
Agamenón forma parte da Orestíada, triloxía de Esquilo que se centra na cadea de crimes e vinganzas que sofre a familia maldita dos Atridas, descendentes de Tántalo. Agamenón regresa ao seu reino de Argos (ou Micenas) despois de conseguir a victoria guiando aos gregos contra Troia. Pero no seu palacio a súa esposa Clitemnestra tenlle preparado un recibimento moi especial. Sabemos que a traxedia grega céntrase na dor humana e non cabe final feliz. Agamenón pagará polos crimes cometidos, pero os seus asasinos tamén pagarán por este novo crime.
Na última obra desta triloxía Esquilo propón unha solución para romper esa cadea viciada de violencia: a razón e persuasión da deusa Atenea serán quen de restablecer a xustiza e harmonía para os habitantes de Atenas. Ofrecemos aquí unha pequena crónica dos crimes da Casa de Atreo, que ben podía pasar por un terrible "culebrón", baseándonos en dous cómics que temos na biblioteca:

14/02/13

A NOSA ODISEA 2013

Despois de ver as imaxes podemos facernos unha idea de como foi a nosa semana de Odisea 2013. A pesares da convocatoria de folga durante tres días (5,6 e 7 de febreiro) conseguimos ambiente de concurso e encher a aula de informática que o instituto nos tiña reservada. Certo é que algúns grupos xa abandonaron na segunda xornada, pero a maioría continuou pelexando até o final, sen redirse, como auténticos espartanos.
O IES de Melide participaba con 10 equipos:
  1. Set: Sarai, Eva e Tamara de 3º de ESO
  2. La teletienda: Álex, Mario e Sergio, de 3º de ESO
  3. Αἱ Χάριτες: Aitana, Alba e María de 1º de BAC
  4. As Danaides:Lucía Sesar, Yaiza e Raquel (+ Lucía Rodríguez) de 3º de ESO
  5. Circes: Nerea Ramos, Lucía G. Mella e Cristina, de 3º de ESO
  6. Furia de Titáns: Nerea Quintás, Alexis e Xoel, de 3º de ESO
  7. Hefarto: Andrés, Miriam e Andrea, de 3º de ESO
  8. Helénicas: Noelia e Montse de 1º de BAC
  9. Los Churecus: Denís, Diego e Yuri, de 1º de BAC
  10. Dríades: Eva, Lorena e Celtia, de 1º de BAC
Aquí tedes a clasificación xeral dos equipos. Se case todos os grupos teñen un mérito incrible, non queremos deixar de mencionar aos de 3º de ESO, que tiveron que superar moitas máis dificultades que os de 1º de BAC. De 3º de ESO destacamos en particular ao grupo Circes, que traballaron duro e até quedaron a comer algún día, á parte do día do preguntón, para poder responder ben as preguntas. Tamén estiveron en primeira liña de combate as Danaides e SET. Seguro que estes "aprendices" de 3º arrasan dentro dun ano ou dous nos próximos concursos Odisea.
Αἱ Χάριτες tamén son dignas de mención, porque a pesares de ter un erro xa o primeiro día continuaron con todo o seu entusiasmo até o final.
E non podemos deixar de felicitar ás Dríades e aos Churecus, que estiveron a puntiño de quedar clasificados e decidiron traballar xuntos, aínda que sabían que só un deles podería ir ao desempate no caso de conseguir a máxima puntuación.

Como todos os anos, ademai de divertirnos aprendemos un montón, este ano en particular tomamos nota dos seguintes erros, algúsn dso cales vimos arrastando todos estes anos:
- Non lemos ben o enunciado e ás veces non buscamos o que se nos pregunta.
- Danos perguiza ler un texto longo con atención, moitas veces temos a resposta na pantalla do ordenador, pero non a vemos.
- Seguimos sen saber usar os índices dos libros, os glosarios... e xa nos decatamos de que algúns manuais son de moita axuda neste concurso.
- NON LEMOS BEN AS BASES!! e cometemos erros como poñer unha palabra en latín cando non se nos pide ou ao revés.
O ano que ven melloraremos aspectos organizativos e tácticas de búsqueda de información. Copiaremos algunhas boas ideas como chamar á prensa e estableceremos algún premio internos para os equipos do IES de Melide. Ou por que non xa dar premios este ano? Estade atentos/as

14/01/13

DE NOVO EMBARCANDO EN ODISEA 2013

Como é ben sabido, ao chegar estas datas estamos pendentes dun gran evento para os alumnos/as de clásicas de (case) media España: o concurso Odisea, que vai xa pola súa octava edición. No IES de Melide tivemos a sorte de poder participar fielmente en todas as edicións anteriores, xa que foi Galicia a comunidade pioneira, grazas ao traballo da sección galega da SEEC (Sociedade Española de Estudos Clásicos. No menú da dereita deste blog atoparás un acceso directo ao concurso.
Xa temos inscritos unha chea de equipos, uns con nomes clásicos e outros non tanto. Aínda hai algúns remolóns sin espírito aventureiro que non embarcaron co resto da tripulación. Se non o fan, sabemos que lles vai dar tanta envexa, que non lles vai quedar outro remedio máis que axudar ou reforzar a algún equipo.
Este ano temos algunhas novidades nas bases. A máis importante é que no caso de empate só un equipo de cada centro poderá ir á final. No IES de Melide non tivemos ese problema nos últimos anos, pero se cadra este ano temos que desempatar no centro. Xa miraremos a maneira de facelo da forma máis xusta posible. Por outros anos xa sabemos que o máis importante non é quedar clasificado, senón o ben que o pasamos participando e o moito que aprendemos.
O tema deste ano é a educación no mundo clásico. Aproveitaremos estes días para ver algúns dos documentos que os compañeiros de Chiron compartiron xenerosamente con nós en Google Drive e poñernos un pouco ao día. Tamén buscaremos información na rede, aprenderemos a manexar os manuais da biblioteca e practicaremos coas preguntas de anos anteriores. Ánimo, Audaces Fortuna iubat!!. Quedan alquí algunas ligazósn nas que fumos reunindo material.

09/01/13

COMO EXPOÑER UN LIBRO

Feliz aninovo a todas e todos!!. Para comezar ben o ano, algúns temos como traballo pendente facer unha exposición das lecturas que escollemos para Nadal. Na seguinte presentación tedes unha serie de ideas e pequenos consellos para poder facelo correctamente. Botade unha ollada.
 

13/12/12

12 do 12 do 12 ás 12.12 h.

Por fin chegou o día D e alí estábamos, na biblioteca do IES de melide, as alumnas e alumnos de 1º de BAC, preparados para a lectura de texos clásicos, atendendo á convocatoria do Facebook "Yo conozco mi herencia. ¿Y tu?" Apuntámonos tarde e ás presas, xa que este mesmo día á mesma hora, o noso instituto participaba noutra iniciativa igual de interesante: Recitando a Celso Emilio, que commemoraba o centenario do nacemento do poeta e reivindicaba o dereito a usar a nosa lingua. Xa que ás 12.00 estabamos logo ocupados, comezamos o noso acto, Eu coñezo a miña herdanza. E ti?, ás 12.12 h. (máis ou menos). Non tivemos moito tempo para ensaiar, pero aínda así conseguimos participar no evento con moita ilusión e público. Limos unha selección pequena de textos: O comezo da Odisea de Homero, o famoso poema de Safo Paréceme semellante a un deus, as palabras de Eurípides sobre a nefasta situación da muller na antiga Grecia postas en boca do seu xenial personaxe Medea, os distintos tipos de amos que nos mostra Platón no Banquete, a descripción dos habitantes da lúa que nos fai Luciano de Samósata e, para rematar, a Viaxe a Itaca de Kavafis. Gustounos tanto esta experiencia que seguramente repitiremos, pero con máis ensaios. Mil grazas á organización e noraboa a Lorena Lorente, organizadora do evento, unha auténtica Praxágora. Con este acto queremos reinvincar o noso dereito a unha fomación integral, humanística e completa, que non exclúa a esinanza da tradición clásica. No artigo de abaixo tedes máis información sobre a LOMCE e ligazóns para súa retirada.

11/12/12

EU COÑEZO A MIÑA HERDANZA. E TI?

Por fin o departamento de grego do IES de Melide se decicidiu, xa na última hora, a apuntarse ao evento convocado en facebook: Yo conozco mi herencia. ¿Y Tu? Esta é unha estupenda inciativa dun grupo de profesoras/es de Murcia da asociación AMUPROLAG e da SEEC para tentar frenar a exclusión das linguas clásicas que se reflicte no anteproxecto da LOMCE. En moitos centros de España de varios paises europeos, que podedes ver neste mapa, estaremos lendo textos clásicos ou textos relacionados co mundo clásico o 12 do 12 do 12 ás 12. No noso centro será ás 12.12, xa que ás 12.00 temos un recitado de Celso Emilio, o noso gran poeta no centenario do seu nacemento.
Se queredes, podedes ler aquí o borrador da LOMCE, a nova lei de educación que será en breve aprobada polo congreso de deputados e, si vos parece oportuno, asinar as seguintes peticións:
- Al gobierno de España: Que se cuente con la lenguas clásicas en la LOMCE
- Sr. Wert: No excluya a las Lenguas Clásicas de la enseñanza
- Ministro de Educación José Ignacio Wert: Retirada anteproyecto Ley LOMCE y diálogo con comunidad educativa

10/12/12

VIAXE A SICILIA 2013

Despois de moito agardar, por fin temos un plan provisional (e prezo tamén provisional) da viaxe a Sicilia. Agora cómpre que nos vaiamos decidindo para comezar a traballar, polo que non o esquezades:
VENRES 14 DE DECEMBRO REUNIÓN NA AULA 106. 
Deixamos de novo as imaxes para acabar de convencer aos que aínda dubidan.

21/09/12

OUTRO SETEMBRO MÁIS

O supernumeroso 3º de ESO

As/os valientes de 1º de BAC- humanas
Como non podía doutro xeito, retomamos a nosa actividade despois da parada estival. E non é que no verán non haxa cousas que contar..., pero é ben certo que o calor, as viaxes e, para moitos de nós, a abundacia doutras obrigas fannos aparcar o blog durante un par de meses. As clásicas seguen presentes e ben vivas no IES de Melide neste curso 2012-13. Imos facendo reconto. O departamento de grego faise cargo dun grupo de cultura clásica de 3º de ESO con 27 alumnos, nunca tantos fumos nun aula até o de agora. Nun principio desbotamos a posibiliade de facer un desdobre, pensando que o número de alumnos/as non pasaría de 25... para o ano que ven terémolo en conta e faremos as cousas mellor. En 1º de BAC hai 15 alumnas/os matriculados, superando en número aos ciencias, que son só 9 (a opción que arrasou en Melide no bacharelato foi a de Ciencias Sociais). En segundo de BAC 8 alumnas escolleron o grego como propio de modalidade, convencidas xa de entrada de que van atacar duro e sacar unha boa nota na selectividade, coa axuda dos deuses. Non conseguimos recuperar a cultura clásica de 4º, pero seguiremos pelexando para recuperarla. O departamento de grego completa horario con dous reforzos de 1º e 2º de ESO, apoios, club de lectura e o que vai xurdindo por aí. Folga dicir que en reforzo traballaremos con materiais de cultura clásica, xa estamso a voltas coa Odisea, a ver si non tardamos en poder ensinar os froitos do nosos traballo.
O departamento de latín asume un latín de 4º de ESO con 16 alumnos, o 1º de BAC de humanas con 16 alumnos e, atención, outro latín de 1º de BAC optativo, con alumnos de ciencias sociais e algún de ciencias e un latín de 2º de BAC tamén con 8 alumnas. Este ano tentaremos ir introducindo novidades e tentaremos estudar o grego antigo de 1º de BAC como se estudian os idiomas modernos. Para elo seguiremos o método Ἀθήναζε, que nun principio coñecéramos a través de Sito Yelas. Pero a maior parte do material que empregaremos será o preparado por Ana Ovando, unha superprofe de clásicas da Comunidat Valenciana, que podedes atopar nas nosas ligazóns imperscindibles: Un neno grego en casa.
As 8 musas de 2º de BAC (9 coa profe a modo de Velázquez)
Como todos os anos tentaremos facer unha viaxe longa na primavera. Este ano pensamos en novos destinos, lugares claves da cultura grega no Mediterráneo como Sicilia, como posible alternativa a Grecia. Pero se a crise nos impide saír da península, sempre poderemos asisitir aos Ludi Saguntini, facendo un percorrido pola Comunidat Valenciana, paraíso da ensinanza das clásicas para calquera profesor que se precie.

20/06/12

Un mapa entre tod@s para rematar o curso

A modo de despedida, en 3º de ESO (A e B) elaboramos entre tod@s (ou case) un mapa dos lugares mitolóxicos que nos foron saíndo ao longo do curso. Este ano non puidemos traballar tanto como nos gustaría na aula de informática debido a coincidencias no horario con outras optativas que tiñan preferencia, pero a pesares diso, nesta última semaniña aprendemos a manexar google docs e google maps, que é algo moi sinxelo. Felices vacacións e a soñar con este mapa de Grecia para o curso que ven. E non esquezades coller uns cantos libros para o verán!!
Ver Lugares Mitolóxicos en un mapa más grande

31/05/12

VIAXE A MÉRIDA E ANDALUCÍA

Por fin, un mes despois do noso regreso temos o vídeo da viaxe a Mérida e Andalucía, organizada polo departamento de grego do 23 ao 29 de abril. Non damos detalles, porque as imaxes valen mási que mil palabras. Parabéns a Jessica Barreiro, que ademais de disfrutar da viaxe, montou este vídeo na aula de TICs, con algunha axuda de Susana Oro.

28/05/12

ADEUS, PROFESOR MORALEJO

O venres 25 de maio faleceu en Compostela Juan José Moralejo, catedrático de grego na USC e profesor da meirande parte das profesoras e profesores actuais de clásicas en Galicia. A moitos de nós sorprendeunos esta noticia, pois hai apenas uns meses asistíamos a unha homenaxe polo seu 70º aniversario e puidemos disfrutar do seu bo humor que parecía descartar calquera problema de saúde.
Non pretendo facer aquí un resumo biográfico ou unha necrolóxica, e tampouco podería recopilar o moito que me transmitiu o profesor Moralejo. Si ben é certo que a miña vocación de filóloga xa era firme cando fun alumna súa, el alimentouna aínda moito máis coas súas clases de lingüística indoeuropea e textos gregos. Daría calquera cousa por conseguir nun só alumn@ meu esa emoción e ansiedade por saber que el provocaba en min coas súas clases de indoeuropeo. Pero máis que coñecementos, un profesor sempre ensina actitudes, todos percibíamos e nos beneficiábamos do seu pracer por ensinar. Esa frase que moitas veces emprego "eu debería pagar por dar clases" aprendina e copieina de el.
Nun principio parecíanos un profesor distante, que inspiraba un respeto que rozaba o medo, pero pouco a pouco a súa retranca e o seu agudo sentido do humor descubríronnos unha persoa entrañable. Sirva como mostra esta autodefinición "licenciado en trucholoxía e profesor de grego en temporada de veda", porque ademais da súa profesión soubo apaixoarse polas pequenas e grandes cousas da vida que merecen a pena.
Χαῖρε, δάσκαλε que os deuses lle concedan unha última travesía favorable, sabio e rico con canto gañou no camiño.

16/05/12

Viaxando a Itaca de novo

Como é habitual nesta época do ano, comezamos as despedidas en 2º de bacharelato. É certo que aínda nos queda traballo por facer e, ademais duns textiños de Xenofonte para redondear a nota, temos as clases de preparación de selectividade (si, imos todas a selectividade, a poder ser en xuño!).
Como dábamos conta a principio de curso, este ano cinco alumnas cursaron Grego II no IES de Melide: Cristina Corral, Ángeles Santos, Lorena Labandeira, Cristina Conde e Raquel Vázquez. Compartimos  moitas horas no departamento, pelexándonos con verbos, textos de Xenofonte, temas de literatura e historia... pero tamén momentos de agobio, cansanzo dos venres (ou dos luns), problemas e problemiñas, alegrías esperadas e inesperadas e, sobre todo, bo humor. Ademais desta convivencia do día a día, o noso achegamento viña currado do ano anterior coa titoría de 1º B de BAC.
Á parte de grego, aprendimos a tolerarnos, repectarnos, valorarnos e, como é lóxico, coñecernos e querernos.
A boa sintonía  nunha aula pode facela propensa a convertirse nun caixón de satre, no que se fala de todo un pouco, incluída a materia que se imparte. Non foi este o noso caso, xa que en todo momento estas cinco alumnas souberon respectar sempre os tempos de clase e buscar momentos para arranxar o mundo ou o que cadrase.
Que máis pode pedir unha profesora a quen, ademais, encántalle impartir a súa materia? Unha considérase privilexida por poder traballar nestas condicións e case lle dan ganas de pagar por traballar. Eu vou calar xa, que isto de pagar por traballar pode ser o seguinte recorte que nos apliquen... O certo é que por moito que saqueen o ensino público, nunca poderán recortar satisfaccións coma estas. Que será de nós o próxmo ano? poderemos ter un grupo de cinco alumnas?
Agárdannos tempos difíciles, pero máis aínda para os que se embarcan para Itaca, como ás dúas Cristinas, Lorena, Raquel e Ángeles. Grazas por compartir tantas cousas, grazas pola frescura, atención, sinceiridade, grazas polo voso afecto. Espero que partades con forzas e que a noite de pedra que temos por diante non sexa tan longa e cheguedes a bo porto, que os deuses vos proporcionen unha viaxe favorable!

21/03/12

Poñendo a punto a nosa viaxe

Xa temos case todo listo para a nosa viaxe a Mérida, Sevilla e Córdoba. Só nos falta sobrevivir a esta semana de avaliacións e exames, para xa dentro de tres días estar percorrendo a Ruta da Prata camiño a Mérida. Entre tanto, aí vai a nosa unidade didáctica para que vaiamos preparando o terreo.


Teatro clásico en Lugo

Un ano máis acudimos á nosa cita co festival de teatro Grecolatino que organiza a SECC galega (Gracias Teresa Amado, pola túa eficiencia e paciencia).
Comezamos a nosa xornada visitando a exposición Romanorum Vita, que instalada nunha carpa simulaba unha cidade romana. As explicacións dos paneis e as montaxes visuais foron fantásticas, facendo dalgun xeito resucitar esa pequeña cidade de cartón pedra, ao proxectar escenas da vida cotiá nas paredes das casas. Pero sen dúbida o que máis nos impresionou foi o realismo olfativo, o cheiro das latrinas non era virtual. Tamén nos gustou moito o interior da casa romana co seu triclinium, tablinium, cociña... Esta exposición seranos de grande axuda na nosa viaxe a Mérida e Andalucía, onde veremos casas romanas reais.
Xa no auditorio Gustavo Freire, vimos Medea de Eurípides e o Miles Gloriosus de Plauto, a cargo do veterano grupo galego "Parrocha", herdeiros do quasi  mítico grupo "Sardiña". Medea, pola mañá, soubo cautivarnos e dalgún xeito causou en nós ese πάθος ou paixón que sentía o espectador grego cando presenciaba unha traxedia. Estamos a estudiar esta obra na clase e despois da representación  valoramos aínda máis a intemporalide desta obra, que nos retrata a unha muller humillada, dominada polo desexo de vinganza contra o seu marido. Tan absortos e concentrados estabamos que non nos percatamos das gamberradas que fixeron nalgún sector do público.
Pola tarde rimos un montón coa montaxe do Miles Gloriosus e aplaudimos as espléndida interpretación dos actores, especialmente da rapaza que interpretaba a Palestrión, ese escravo listiño que sempre apaña a situación nas comedias de Plauto.
En resumo, pasamos un día estupendo: bo clima, estupendas funcións e mellor compañía... e que con alumnas e alumnos coma estes o traballo parece máis ben un premio!
Buscando información sobre as nosas obras obras, gracias ao blog Filohelenismo, atopamos un vídeo moi interesante, no que un poema de Ch. G. Papadopoulos con música de fondo de M. Hatsidakis, compara á Grecia actual cunha Medea que mata aos seus propios fillos. Debaixo tedes o poema traducido ao galego.



MIÑA GRECIA
Grecia, Medea,
Virxe Santísima,
vida terrea
e celeste sabiduría,
fillos desherdados,
devóraos ou crucifícalos.
¿Onde non viaxei
que non me doas?*
 Grecia de todo o pobo
e celeste Afrodita,
pequeno amor meu
e a miña vitoria pírrica
miña coroa de espiñas,
meu sucio cravo dourado,
miña ferida, meu sangue,
miña asasina e meu Xasón Grecia,
miña Grecia,
meu tesouro perdido,
meu lume e miña lava,
miña aguia sen cabeza,
oxalá poideses regresar,
Cariátide secuestrada,
anciá co miolo seco
e maquillada.
* Referencia a un verso de Iorgos Seferis que di: "Onde quiera que viaxe Grecia dóeme".

27/02/12

Aprendendo a ser profe

Hoxe teño unha pequena charla na facultade de ciencias da educación da USC con futuros profes de secundaria (se a crise non o impide). Non me fixen de rogar e aceptei, porque deixeime contaxiar de contado polo entusiasmo de Zeltia Laya, ex-alumna do IES de Melide e compañeira de prácticas na materia de filosofía, que foi quen mo propuxo. Sinto certo pudor ao publicar este post coa presentación que segue, porque penso que eu non podo ensinar nada sobre didáctica e bastante teño con superar as propias frustracións. Como moito, poido compartir a miña experiencia e, se cadra, a moita ilusión que aínda me queda a pesares dos fracasos de cada día.

09/02/12

Ánimo viaxeiros/as de Odisea 2012

Canto boto de menos non poder estar en Melide nestes días do concurso Odisea! É a primeira vez, dende que se celebra o concurso que non podo estar na aula, participando da vosa emoción, nerviosa moitas veces vendo como vos afanades na busca.
En Melide hai uns cantos equipos que ata agora levan a puntuación completa: As Medeas, cun tempo récord, (parabéns a Irune e Sandra) e logo case todos os grupos de 3º de ESO, que xa ten mérito: As Ninfas, As RIM, Pérdete na Mitoloxía, Os Mataceos e Alter Ego. Recordade que nesta fase o tempo non conta. Se algún equipo consigue clasificarse para o desempate, aí si contará o tempo e xa estarei eu de volta para vivilo con vos.

Hoxe xoves co preguntón estarei todo día facendo ofrendas á deusa Atena para que vos inspire. Non esquezades que na biblioteca tedes manuais moi interesantes que vos poden axudar. Como suporedes, estes libros están na sección de clásicas, que está case debaixo da escaleira de caracol. Recoméndovos algún que axudou moito en anos anteriores:
- Historia de la literatura Griega, López Eire, ed. Cátedra: ao final do libro tedes un glosario completísimo no que están por orde alfabética autores gregos de todas as épocas e outro de todas as obras tamén por orde alfabética. Isto é moi práctico cando controlades o preguntón e tedes que buscar as preguntaas pistas sabendo a inicial.

- Diccionario de la literatura clásica, Howatson, Alianza Editorial. É un diccionario no que podedes atopar personaxes, títulos de obras, apelidos de familias e incluso lugares xeográficos que teñan que ver coa miltoloxía.
- Diccionario de mitología griega y romana, P. Grimal, ed. Paidós: é o mellor diccionario de mitoloxía que existe, en clase xa o temos usado algunha vez, creo...
Moito ánimo miña xente, sígovos na rede!

12/01/12

VOLVE O CONCURSO ODISEA

Unha das mellores formas de comezar a 2ª avaliación e de recuperarnos do parón de Nadal é apuntarnos ao concurso Odisea, xa na súa 7ª edición, que organiza a sección galega da SEEC (Sociedad de Estudios Clásicos). Este concurso, de patente galega, conta este ano coa participación doutras dúas comunidades autónomas: Valencia e Cataluña, o cal fai máis emocionate o desempate e máis xugoso o premio.
Aínda que os máis veteranos xa coñecen ben as bases e normas, non estaría demais botar unha ollada de novo e sobre todo, entrenar coas preguntas de anos anteriores. Quen queira comprobar ous seus atinos e desatinos pode consultar tamén as respostas.
Este ano a temática son as viaxes no mundo antigo, polo que compre que comecemos repasando as viaxes na mitoloxía: a dos Argonautas, a Odisea de Ulises, a expedición a Troia, as viaxes de Heracles... para logo pasasr as viaxes na vida cotia, nas institucións e na historia.
Desta vez, por problemas familiares, eu non vou poder acompañarvos, pero estarei dándovos ánimos a través do blog e controlando os resultados por Internet. Ademais, seguro que substituta/o que veña engánchase ao concurso e vos facilita poder responder as preguntas na aula. Pero non esquezades que os profes non somos máis que os que marcan o ritmo dos remeiros e os que teñen que mover o barco dándolle ao remo sodes vós. Así a vosa travesía será mérito propio e seguro que chegades a bo porto. Καλό ταξίδι!


11/12/11

APRENDENDO A RESUMIR

Na clase de reforzo, en 1º de ESO C, estamos aprendendo a resumir libros. Como aínda non limos todo o libro, imos resumir os dous primeiros capítulos ou "rollos". Despois de ver unha presentación deste blog, xa todos sabemos o que son os rolos. Pois ben, este foi o noso esquema:

02/12/11

Preparando a nosa viaxe

Tal como anunciabamos a comezo de curso, este ano toca viaxe por terras Hispanas. Como a proposta incial de viaxar pola Tarraconensis, Empùries e Barcelona, incluíndo visita ao Salón do Cómic de Barcelona, non tivo unha calurosa acollida (moi a pesar da profe); cambiamos o noso intinerario polo sur: Lusitania e Baetica. Repetimos o itenerarios que case tres anos atrás fixeramos con aquela titoría de 4º C da ESO. Agora son todos eles e elas exalumnos do instituto. Bota unha ollada e ao final da presentación pulsa nas ligazóns para obter máis información.

27/11/11

Chiron en Compostela 2011: Os profes tamén necesitamos aprender

Hai tres anos nacía este blog gracias a un curso de Chiron, o gran espazo colaborativo para profesoras e profesores de clásicas, que nos alimenta a todos e ao que algúns tentamos alimentar de cando en vez. Si naquel momento Chiron foi quen de que o departamento de grego do IES de Melide abrise unha ventá ao mundo, hoxe sigue sendo elemento indispensable de formación, continua fonte de aprendizaxe e recurso imprescindible para o noso traballo na aula. Non hai dúbida de que Chiron, esta gran comunidade do centauro ocupa un lugar moi destacado no noso PLE, un dos novos concepto que aprendemos que non é outra cousa que unha reflexión sobre como é o noso proceso de aprendizaxe.
No breve tempo da fin de semana, tivemos oportunidade de aprender dos grandes centauros en directo. Por moitas marabillas que faga a rede, nunca poderá suplir o calor da presenza físca coa virtualidade omnipresente. Así disfrutamos de Sebastià Giralt (Labyrinthus, Els dies de Dèdal) que nos ensinou trucos para o tratamento de imaxes. Para moitos de nós a súa macrogalería de Flickr é un pracenteiro paseo por todos aqueles museos aos que nonpuidemos ir. Con Carlos Cabanillas (ExtremaduraClásica), o pai dos centauros, e @ubibene en twiter, moitos de nós comezamos a twitear e facer círculos en Google +. Se poñemos neste post todos os sitios de Margalida Capellà (El Fil de les Clàssiques, Aracne fila i fila ....) non acabaríamos. Con ela coñecimos novas ferramentas para a tradución e importantes bibliotecas virtuais que nos axuden na árdua tarefa de escoller textos.
Luis Inclán (http://doceoetdisco.blogspot.com)  achegounos novas ferrramentas para publicar na web, ademais de blogs e wikis que xa coñeciamos. Así naceron tímidos intentos en scoop.it para recoller e almacenar novas que teñan que ver coa cultura clásica. Álvaro P. Vilariño (http://divesgallaecia.blogspot.com), o mega centauro galego, e Olga Díez (http://labryx.blogspot.com) descubríronos como facer de xeito rápido e sinxelo pasatempos e como mellorar as nosas aulas virtuais con cuestinonarios.
Falar de Ana Ovando (http://voxgraeca.blogspot.com) e o seu traballo requeriría un post á parte. Algúns dos enlaces imprescindibles deste blog son obra dela. No curso só nos amosou un chisco do seu bo facer e como seleccionar a información que nos chega mediante marcadores sociais, google reader e outros. A pesares de todos estes filtros, ás veces é difícil evita a "infoxicación".
E xa para rematar, Juanvi Santa Isabel (http://assessoria.zoomblog.com/) espúxonos o labor da Domus Baebia Saguntina e o traballo dos talleres de Sagunt, que nós tivemos a fortuna de disfrutar. Por si esto non fose pouco, organizou unha auténtica festa cos seu talleres: fixemos fíbulas, bulas, abanos, mosaicos... bebimos auténtico mulsum de fabricación propia. É un pracer poder escoitar en directo a Juanvi, é imposible non contaxiarse co seu entusiasmo.
Pero o mellor destas xornadas non foron as moitas ferramentas que aprendemos nin os moitos recursos que coñecimos, senón a transmisión da necesidade de aprender. É imposible ser boa profesora e tentar comunicar aos nosas alumnas a alumnos esta necesidade de aprender si nós mesmos non amosamos esa actitude de continua aprendizaxe. Ensinamos actitudes, máis que contidos. Por elo, gratias plurimas a todos os centauros pola súa xenerosidade e polo seu traballo, en especial a Álvaro P. Vilariño, que fixo posible encontro.

24/10/11

A orixe do mundo noutras relixións ou mitoloxías.

Despois de estudar a cosmogonía segundo Hesíodo, que nos narra a orixe do mundo segundo a mitoloxía grega, compre que revisemos outras explicacións mitolóxicas deste mesmo feito. É obrigado empezar pola tradición xudeo-cristiana, que recolle a creación do mundo no primeiro dos libros da Biblia, o Xénese, palabra grega que significa orixe. Para que nos sexa máis doada a lectura imos valernos da imaxe. En primeiro lugar temos unha versión en anime de O. Tezuka, debuxante considerado o "pai do manga".
Pero esta historia non estaría completa senón explicásemos con detalle o castigo de Deus aos hoems por desobedecer, a famosa maldición bílblica. O texto está literalemnte sacado da biblia e os deuxos son obra do xenial Robert Crumb, na súa obra Génesis
E agora reflexiona un pouco e recorda como era a creación do mundo na mitoloxía grega e trata de ver semellanzas e diferenzas entre as dúas mitoloxías ou relixións. Céntrate nos seguintes puntos:
- Orde dos elementos creados.
- creación do home e amuller.
- papel da muller na creación.
- o diluvio
- a relación home-deus.

07/10/11

De paseo por Atenas lendo Grego

Para practicar o recén aprendido alfabeto grego, imos dar un paseo polas rúas de Atenas. Algúns recordarán a viaxe que hai poucos meses fixeron a Grecia e todas e todos poderemos poñer a proba a nosa cultura xeral e tomar nota dalgúns datos.

03/10/11

De onde vimos?

Os antigos gregos tamén se facían esta pregunta, pero non coñecían a teoría de Darwin ou o Big Bang, polo que buscaban a resposta na mitoloxía. Hesíodo, o gran poeta grego do s. VII a. C., foi o primeiro que escribiu e ordenou as crenzas mitolóxicas que ata a súa época se transmitían de forma oral. Na súa obra Teogonía, describe a orixe do mundo (cosmogonía) e o nacemento dos deuses (teogonía en sentido estricto). Velaí un pequeno resumo ilustrado.

02/10/11

Comezamos o curso recortados

Despois de dúas semanas de clase, entre o pequeno caos do comezo e as mobilizacións do profesorado contra os recortes do ensino público, comezamos a actividade en Aspasia.
Como vimos facendo nos últimos anos, a imitatio de outros pasamos revista aos nosos efectivos deste ano: Temos dous terceiros de ESO de Cultura Clásica, 3º C con 14 alumnos e alumnas a cargo do departamento de latín e 3º A e C con 20 a cargo do departamento de grego. Temos a sorte de ter entre as novas xeracións estupendos lectores e lectoras e grandes afeccionados á mitoloxía clásica, isto promete!
Un dos recortes que sufrimos este curso foi en 4º de ESO, onde non foi posible facer grupo. Sentímolo por persoas como Yuri e Pedro, que escolleron a cultura clásica como primeira optativa. Pero isto non tería importancias si non fose porque no próximo ano xa non se poderá escoller Cultura Clásica en 4º de ESO, nivel no que contabamos con tres horas de docencia, que nos permitían esenvolver un programa máis completo que en 3º de ESO. Imos vendo como a presencia da nosa materia vai minguando, ai aqueles tempos nos que a cultura clásica se podía elixir en 3º e 4º!!. No IES de Melide esta restrición foi tremenda, xa que gran parte do alumnado que se introducía no mundo clásico en 3º, collíalle gusto e recuncaba en 4º.
Pero imos deixar de lamentarnos e pasamos ao alumnado de grego. En 1º de BAC temos 19 valientes que estes días están aprendendo o alfabeto a ritmo de rap e loitando con esprítos e acentos, todos eles son de humanidades e cursan tamén latín. En 2º BAC 5 heroínas atrevéronse a escoller grego e estes días están a desoxidarse con textos faciliños.
Para este temos novos plans nas nosas extrescolares. Nun principio programáramos repetir a experiencia de Sagunt, pero visto que en 1º de BAC tíñamos a moitos dos participantes naquela expedición, decidimos cambiar o noso destino e viaxar a Empùries, a coñecer o xacemento grego por excelencia da Península Ibérica. Aínda non temos ben perfilada esta viaxe e non sabemos si facela coincidir con outros eventos (Salón do Cómic de Barcelona...) e/ou con outras actividades (sendeirismo no Pirineo...) neste mes de outubro sacaremos o noso plan provisional.

E por último, queremos celebrar nós tamén o V aniversario da fundación de Chiron, a web colaborativa onde os profes de clásicas atopamos todo tipo de materiais e aportamos o nos graniño de area. Este ano, ademais, temos a oportunidade de celebrar este lustro de existencia cun curso de luxo que se celebrará no mes de novembro en Compostela. Preparádevos... que temos un outono cheo de actividade.

21/06/11

DESPEDIMOS O CURSO CONTANDO ATA CATRO

Coma todos os anos por estas datas atopámos ao final do camiño, ou máis ben dunha etapa do camiño. Facendo un balance rápido empezamos dicindo que este curso, por razóns diversas, tivemos o blog algo abandoado e facemos firme propósito de reactivalo no próximo curso.
Despedimos ás nosas alumnas de 2º de BAC con parabéns xa que aprobaron selectividade con boas notas, cunha aceptable media en grego. Por parte da profe non queda máis que agradecer a Cristina, Xela e Tamara este curso no que compartimos horas moi agradables no departamento de grego traducindo, lendo aos clásicos e aos non tan clásicos, flando de historia, literatura... Moita sorte na vosa "viaxe a Itaca", desexamos que o voso camiño sexa longo, cheo de aventuras e coñecementos.
En primeiro de BAC tivemos un ano moi especial, xa que ademais de grego compartimos titoría, o que creou entre nós un vínculo máis forte. Tivemos momentos duros e agora estanos costando algo o traxecto final, pero como  Kavafis, non debemos temer nin aos Cíclopes nin ao fero Poseidón, non os atoparemos no camiño si non os levamos dentro de nós. Aprendimos moitas cousas xuntos e pasamos bos momentos... e se  alguén se anima a continuar co grego o ano que ven, benvido/a sexa!
En 4º de ESO tamén tivemos un ano estupendo, xa que con só oito alumnos/as pódense facer moitas cousas, sobre todo si hai ilusión e interese. Pasamos momentos emocionantes co concurso Odisea conseguindo chegar á fase final.Viaxamos a Grecia xunto cos de 3º de ESO e algún de BAC e o que vimos de mitoloxía, historia, literatura deunos para falar e moitas cousas, ademais do mundo clásico.
E xa acabamos cos de 3º de ESO, o grupo máis numeroso e tamén máis animado (...algunha vez a profe tivo que "desanimar" algo). Non vimos todo o que nos gustaría (ou o que lle gustaria á profe) pero levamos unha pequena idea de mitoloxía, literatura e outros aspectos da vida cotiá clásica. Vestímonos de gregos e romanos, viaxamos a Grecia, vimos teatro en Lugo e ata nos acompañou Ánxeles. Especialmente adicado aos rapaces e rapazas de 3º de ESO vai esta canción na imos aprender a contar ata catro en grego: Ta paidiá tu Pireá, "Os nenos do Pireo" que usamos como parte da nosa banda sonora do noso vídeo da viaxe a Grecia.
Esta canción é todo un clásico da música grega. Interpretouna por primeira vez Melina Mercuri, que ademais de unha gran actriz é un referente da cultura grega, chegando a ser ministra de cultura. A letra e música da canción foron composta para a película Nunca en Domigo (de J. Dasin, 1960) por Manos Jatsidakis, un dos autores máis influínte e prolífico no panorama musical grego do s.XX.
Esta primeira versión, a cargo de S. Rouvas, é algo máis tradicional e casi vai a ritmo de sirtaki. Nela podedes ver escenas da película:


Pero a versión que causou furor foi esta outra de Aroma FT Katerina, que xa nos vai preparando para o verán:


E para poder cantar todos xuntos en clase aquí vai a letra, transcrita e traducida ao galego. Despois de cantala unhas cantas veces, xa podedes contar ata catro en grego. Quen queira aprender a contar algo maís pode matricularse en grego o cultura clásica. FELICES VACACIÓNS E FELIZ VERÁN!!
Tα παιδιά του Πειραιά

07/06/11

A Loita Olimpica

A loita olimpica é un dos deportes máis antigos dos que coñecemos hoxe en dia, xa que iste se practicaba na antiga Grecia e Roma.

Historia:

A loita olímpica da antiga Roma e Grecia é bastante similar a que coñecemos hoxe en día como "loita libre olímpica", xa que nesta modalidade está permitido atacar as pernas do contrincante.

A loita olimpica seria un dos deportes máis aclamados en toda as Olimpiadas dedicadas a o deus Zeus,pero por desgraza coas guerras e a invasión doutras culturas este deporte non volvoria aparecer nunha Olimpiada ate o ano 1630.
No ano 1630 as Olimpiadas que se realizaron en Paris supuxeron o regreso da loita olimpica e a creacion da F.I.L.A. (Federacion Internacional de Luchas Asociadas) no ano 1912.

Regulamento:

-É obligatorio o uso de maillot deportivo para o combate-Os combates son de 3 asltos-Hai 3 formas de gañar un combate:
·Tumbar a o contincante e facer que a sua espalda toque o chan(a isto chamaselle touch), cando isto ocorre o loitador xa gañou o combate e non ten que facer mais asaltos
·Superar a o contrincante por unha diferencia de 6 puntos, cando acontece isto o loitador gañou un asalto
·Gañar 2 dos 3 asaltos
-Esta prohibido morder, arañar, pegar ou producir calquer outro tipo de daño que non sexa producto dunha tecnica

Tecnicas:

A continuación imos ver algunhas das tecnicas basicas e famosas:

- Entrada a pernas

- Brazo martillo

- Suplex

15/04/11

Viaxe a Grecia

Por fin, 15 días despois da volta de Grecia, publicamos un pequeno resumo do noso percorrido. Non o fixemos antes porque algún/a aínda quedou alá e o regreso ao mundo real non foi tan rápido coma o avión. Amosámosvos este vídeo caseiro con imaxes de Atenas, Santorini, Micenas, Epidauro... pero hai outras cousas que o vídeo non puido recoller, como as vosas sencións, impresións... Se queredes, podedes facer algún comentario e nolo contades.

13/03/11

Preparándonos para a nosa viaxe a Grecia

Se hai pouco máis dun mes estabamos a participar unha vez máis no concurso Odisea, agora estamos a preparararnos para a nosa odisea particular en Grecia. Faltan xusto dez días para que aterricemos en Atenas e é hora de ir preparando a equipaxe: documentación o primeiro, roupa de abrigo, que vai facer frío, e sobre todo unha boa documentación do que imos ver.
Velai a guía de viaxe que imos levar, para que as aplicadas e aplicados vaian preparando o terreo. Esta guía, en formato A4, levaremola en todas as visistas e iremos léndoa por quendas e pobre do que se esqueza dela.Tamén levaremos unha pequena axenda en formato máis pequeno para levar no peto e ter a man datos úteis coma teléfonos, vocabulario grego, breves aclaracións sobre gastronomía e, incluso, un pequeniño plano para non perdernos en Atenas. Καλό ταξίδι!

11/02/11

Las 3 Gracias Actuales


Las Tres Gracias
se llamaban Eufrosine, Talía y Anglae y eran hijas de Zeus y Eurínome. Siempre aparecen desnudas ya que la belleza no necesita cubrirse. Son las representaciones de la afabilidad, la simpatía y la delicadeza.
Se suele decir que las Gracias o Cárites eran acompañantes de Afrodita (Venus), y tambien se dice que acompañaban a las 9 Musas en el Olimpo, bailando y festejando en compañia de Apolo.

Actualmente para mi, las 3 gracias serian estas tres mujeres de una belleza increíble!
Anahí , Rihanna , Alessandra Ambrosio.

07/02/11

Unha semana de Odisea

Esta semana pasada pasamos unha auténtica odisea en cultura clásica e grego, participando no Concurso Odisea. Foi un estupendo paréntese  que, aínda que supuxo romper co ritmo de clase (que nalgunha aula xa deixaba moito que desexar, ejem...), nos servíu para un aprender montón de cousas. Primeiro, se queremos atinar unha resposta, temos que ler ben a pregunta, sen omiti ningún detalle, aí xa está moitas pistas. En segundo lugar, buscar información no é tan doado como parece. Volvemos a escoitar por enésima vez aquilo de "Google non é un respondedor de preguntas, senón un buscador de palabras, frases...". Logo haberá que delimitar ben os criterios de busca. Vimos tamén, que ademais de internet, temos as fontes de toda a vida, os libros, nos que ás veces tamén se atopa unha resposta máis rápido que na rede: dicionarios de mitoloxía e literatura, manuais de literatura, vida cotiá... con índices marabillosos de materias e autores. E por último divertímonos un montón: compartimos comida nas aulas de informática, emocionámonos xuntos ao atopar algunha resposta e tivemos a sensación de traballo en equipo.
No IES de Melide participaron 11 equipos e a maioría fixeron un labor estupendo. Un deles, Gaia, formado por Yuri Alves, Elisa Ares e Alexandre Freire conseguiu a máxima puntuación e quedou clasificado para o desempate final. PARABÉNS!!! O desempate será o este mércores 9 de febreiro, aínda non sabemos si en Lugo ou Melide. Estaremos todos mordendo as uñas e rogandoa á deusa Atenea para que inspire a Xandre, Elisa e Yuri.
Mil grazas á Sección Galega da SEEC (Sociedade Española de Estudios Clásicos) por organizar actividades tan divertidas e fantásticas como esta, Parabéns!!

20/01/11

MITOS GRIEGOS

Este é un libro de cómic de Marcia Williams cuns debuxos fantásticos que axudan en gran parte a entender moito mellor a historia. Trata oito mitos gregos: La caja de Pandora, Arión y los delfines, Orfeo y Eurídice, Los doce trabajos de Heracles, Dédalo e Ícaro, Perseo y la cabeza de la Gorgona, Teseo y el Minotauro e Aracne contra Atenea.


Nós, as alumnas de Cultura Clásica de 4º de ESO imos falar de catro mitos:

La caja de Pandora

Prometeo, creador do home, roubou o lume a Zeus para dárllelo aos homes. Zeus castigouno, xa que temía que os homes foran máis poderosos ca el, mandando que encadearan a Prometeo a unha rocha e que unha aguia lle comera as entrañas todas as mañáns ata que foi liberado por Heracles. Pero Zeus tamén castigou os homes creando unha muller, Pandora. Esta estaba predestinada a casar con Epimeteo, o irmán de Prometeo, e o que gardaba unha caixa moi importante.
Pandora era moi egoísta e pensaba que naquela caixa había xoias e rouboulla a Epimeteo e dalí saíron todas as enfermedades e desgrazasnpero tamén había unha bolboreta que significaba esperanza.

Aracne contra Atenea

Ésta é a historia de como unha rapaza chamada Aracne foi castigada polos deuses ao compararse con eles. Aracne posuía a habilidade de tecer moi ben, tanto que pensaba que ela era a mellor e a xente pensaba que ese don dérallo a deusa Atenea. Esto en vez de alagar a Aracne, enfureciaa porque ela pensaba que tecía moito mellor que a deusa.
"Las Hilanderas" de Velázquez, inspirado no mito de Aracne
Cando as noticias chegaron ó Olimpo, Atenea decidiu ir falar con Aracne. Para iso aparecéuselle disfrazada de vella para que pedise perdon pola ofensa e Aracne lonxe de facer iso enfureceu aínda máis á deusa. Entón recuperou a sua forma natural e retouna a tecer durante todo o dia. Cando caeu a noite pararon o traballo e Atenea achegouse para ver o que fixera a súa rival, cando o viu o que tecera, unha burla os deuses entrou en cólera e Aracne agora chea de pavor aforcouse.
Nese momento chegou o pai da rapaza e o ver o que sucedera rogoulle a Atenea que a salvase.
E así foi, Aracne volveu vivir pero esta vez con forma de araña para que fixera o que máis queria, tecer e entendese que a un deus nunca o podes desafiar.

Arión y los delfines

Periandro rei de Corinto era un namorado da música .Na súa corte tiña moitos músicos, o seu preferido era Arión. Había un festival en Sicilia ao que Arión quería ir e convenceu a Periandro. Alí Arión fíxose moi famoso e gañou moito diñeiro.
Cando ía no barco de volta, os mariñeiros atracarono porque se querían quedar coas suas riquezas e botárono ao mar. Cando estaba apunto de afogar, un banco de delfíns acudiron a axudarlle atraidos pola súa música, e estes levarono a costa. Ao chegar a Corinto contoulle a historia a Periandro. Despois chegaron os mariñeros, foron chamados polo rei para pedirlle explicacións acerca de Arión, e estes contáronlle que morrera cando de súpeto apareceu Arión e entón foron castigados polo seu delito.
Orfeo y Eurídice

Este mito cóntanos a historia de Orfeo e Eurídice. Orfeo era o mellor poeta de Grecia e estaba namorado da ninfa Eurídice, o día que casou con ela foi o día máis feliz da súa vida.
A Eurídice encantáballe bailar, saltar e correr polos campos. Un día, cando ía polo campo, picouna unha serpe e morreu. Cando lle deron a noticia a Orfeo quixo morrer e durante varios días non comeu, nin bebeu ata que decidiu ir o Hades para recuperar a súa Erídice. Ao chegar á lagoa Estixia pedíulle a Caronte que o levase á outra beira, pero el díxolle que non, entón convenceuno cantando e tocando a lira. No Hades tivo que pasar moitas cousas para chegar onde a Plutón e Perséfone e dixéronlle que lle permitían levar á súa amada cunha condición, que non mirase para atrás xa que ela desaparecería. Cando xa estaban case no final, Orfeo non confiou e mirou para atrás; viu que Eurídice si que estaba, pero de repente ía desaparecendo pouco a pouco ata que se convertiu nun fantasma e mentres isto pasaba Caronte levaba de regreso a Orfeo.

Elisa, Yoli, Sandra e Irune

09/01/11

Odisea 2011

Un ano máis temos en marcha o concurso Odisea, no que o IES de leva participado en todas as súas convocatorias anteriores. Como algúns xa sabedes, este concurso está organizado pola SEEC de Galicia (Sociedade Española de Estudos Clásicos) e é un concurso on line, que facemos contestando unhas preguntas a través de internet durante unha semana. Este ano terá lugar o 31 ao 4 de febreiro e, ademais das seccións habituais (mitoloxía, vida cotiá, historia, institucións, literatura...) este ano está dedicado á muller, cousa que nos alegra moito aos blogueiros de Aspasia, que, espero, nos esquezades porque se chama así este blog.
Este ano, ademáis participa unha comunidade autónoma más, Aragón, polo que o desempate promete ser moi emocionante. E xa para acabar de facervos a boca auga, este ano hai aínda máis premios!! Mirade con detalle as bases.
E por último, recomendar una boa lectura para ir quentando motores: o blog Mujeres de Roma, da escritora Isabel Barceló, gran coñecedora do mundo feminino da antigüidade clásica, que tivo a amabilidade de escribir unhas fermosas palabras de presentación ao concurso:
"É fundamental nos nosos días contemplar o pasado no seu conxunto. Se deixamos fóra do campo de visión ás mulleres, a nosa percepción das sociedades antigas será parcial, distorsionada e inxusta. As mulleres aportaron ás sociedades de todos os tempos tanto como os homes. transmitiron a vida, foron creadoras e transmisoras de cultura; regalaron coidados e afectos, aspectos fundamentais para o desenvolvemento da personalidade humana; contribuíron á economía e ao equilibrio social; padeceron os mesmos males que todos os demais. No bo e no malo, foron actoras sociais.
Negarlles o papel que historicamente desempeñaron non só é unha inxustiza, senón que ten efectos no presente: a falta de respecto xeral cara ás mulleres, as dificultades para que accedan a postos de decisión e de relevancia profesional e social, a continua necesidade de xustificar as súas esixencias, son algúns deses efectos.
Paga a pena combater todos eses prexuízos e perxuízos recuperando a memoria das mulleres do pasado. Aprender a coñecelas, valoralas, amalas. Darlles o recoñecemento que merecen, volvelas á memoria e á vida. Facerlles e facernos xustiza". 

24/10/10

Viaxe a Grecia

Coma o ano pasado por estas datas comezamos a planificar a nosa viaxe anual. Esta ano queremos volver a tentar o noso máximo obxectivo, xa que o ano pasado non foi posible e nos tivemos que conformar cunha viaxe pola Tarraconensis, visitando Tarragona, Valencia e Sagunt, que non estivo nada mal.
Este ano parece que hai un grupiño ben disposto e con moitas ganas, só falta que os deuses axuden para levar a cabo a nosa visita a Grecia. Olla o noso plan provisional e o plan detallado, no enlace da última diapositiva e anímate, imos empezar pronto a traballar.

29/09/10

COMEZANDO O CURSO CON MOITO ÁNIMO

Por fin nos desperezamos e comezamos a nosa actividade en Aspasia. Este ano estamos encantados porque somos un montón, unha boa nova nestes tempos que corren.
Como di Ana, unha admirada e querida profe grego, a situación dos profes de clásicas é difícil, dado que só vivimos de optativas e se fallamos as alumnas e alumnos escollen as nosas materias. Algúns, a pesares da sorte que é ter un traballo estable, temos a sensación termos gañar o pan día a día sen baixar nunca a garda, facendo todo tipo de actividades para non perder alumnado. Ata o de agora imos tendo sorte, pero ata cando nos van favorecer os deuses olímpicos? e, o que é peor, aturaremos o ritmo frenético de actividade ata os 67 anos? Ata o de agora fumos tendo sorte, pero incerto é o destino...
O noso récord é a cultura clásica de 3º de ESO, na que se matricularon 40 alumnos/as, repartidos en dous grupos, un a cargo do departamento de latín e outro a cargo do de grego. Parece que axudaron os deuses do Olimpo e tamén algo as gardas en 2º de ESO con películas relacionadas coa cultura clásica, os proxectos de viaxe... É un curso moi prometedor, xa que varias rapazas e rapaces son voraces lectoras e xa leron adaptacións da Odisea, cómics das Aventuras de Ulises e outros libros de mitoloxía que temos na biblioteca. Ademais temos a sorte de ter unha das nosas horas de clase na aula de infomática, polo que poderemos traballar no blog e con outros recurso Tics.
En 4º de ESO só hai sete alumnos de cultura clásica,pero con moitas ganas de aprender. Máis que un inconvinte, ser pouquiños é perfecto para traballar en equipo. Seguro que as tres horas semanais dan para moito. En 4º de ESO hai, ademais, dous grupos de latín de 19 e 7 alumnos cada un.
En 1º de BAC este ano matriculáronse 19 alumnos en latín e grego, formando un grupo completo coa opción de humanidades, coa profe de grego como titora (ídevos preparando...)
En 2º BAC só se matricularon 3 alumnas en grego II, e 6 en latín II. Certo é que estas tres alumnas (As Ttres Gracias) son do mellorciño e seguramente terán uns magníficos resultados dadas as súas ganas de traballar. As clases van ser no departamento de grego e seguro que estaremos comodísimas con todo o material tan a man.
E xa só nos queda poñer as pilas e empezar a traballar en serio. Non esquezamos que a partir da segunda quincena de outubro comezamos a organizar a viaxe a Grecia, a ver si este ano vai (e senón, tampouco está mal Valencia, Andalucía, Extremadura, Cataluña... e por suposto Galicia. Preguntádelle aos de outros anos).