04/02/09

Facendo a nosa Odisea




Estes días en cultura clásica e grego de 1º de BAC estamos participando no concurso Odisea. Como xa explicabamos nun artigo anterior, é xa o terceiro ano que competimos e notamos que os que competimos nos anos anteriores imos collendo o "tranganillo" e atopamos con máis facilidade as respostas. Outros aínda temos que practicar máis con google e outros buscadores. Temos que aprender dunha vez que San Google non é un "respondedor" de preguntas, senón un buscador de palabras e o importante é teclear as palabras clave. É imprescindible ler ben a pregunta e cando atopemos unha posible resposta comprobrar sempre si se axusta ás pistas que da a pregunta en cuestión. Tampouco hai que esquecer que, aínda que na rede temos unha chea de recursos e bos lugares para consultar, temos algúns libros na biblioteca que son fáciles de manexar e conteñen información moi precisa. Estamos un pouco nerviosos/as co preguntón do xoves, pero estamos practicando coas preguntas dos anos anteriores. O ano pasado un equipo de Melide conseguiu chegar ao desempate. Conseguirémolo de novo este ano?

2 comentarios:

Ana Ovando dixo...

Nosotros estamos igual, con carreras por los pasillos, recreos en la biblioteca ... y sobre todo, aprendiendo mucho, tanto los profes como los alumnos.
Mucha suerte para vuestros alumnos, a ver si nos vemos en la final nacional.

Susana Losada dixo...

Nada de non durmir esta noite. Xa é moi importante chegar ata aquí. Seguro que mañán tedes sorte, aínda que a sorte en realidade é pasalo ben concursando e a aprendendo. Ánimo, Danaides, que seguro que desta enchedes as xarras. (E quen non entenda isto último, que repase o episodio de Hades)