Escribimos agora xa dende Melide, despois de oito fantásticos días en Grecia.
Pasámolo moi ben a tódalas horas, divertímonos moito, e probamos moitas cousas novas. Entre elas ir in barco, en avión, en metro e en burro!!! Ai que molones eran.
Tamén probamos todas as comidas típicas de alá nunha cena que fixemos todos xuntos. Cando digo todos xuntos, refírome ós tres institutos que fomos: IES de Ames, de Carballo e o noso, o de Melide. Eran todos xeniais, falamos con todos e pasámolo moi, moi ben con eles, iso é que houbo algúns choros ó despedirnos no aeroporto de Santiago. Ata queremos facer unha cea para vernos todos outra vez!!! Ademais de todo isto tamén nos gustou moito todos os monumentos que vimos: o Partenón(impresionante, era enorme...), o templo de Apolo en Delfos... Pero, polo menos nós, podemos dicir que o que máis nos gustou foi a illa de Santorini e o barco no que chegamos a ela, aínda que tivemos que botar oito horas nel. Era preciosa, con tódalas casiñas brancas, con moitos camiños, escaleiras, e sobre todo costas cara arriba...Ó final do día doíannos as pernas...Pero mereceu a pena. E non esquecemos a illa do volcán, que bonita era!, toda a illa vermella e moi diferente do que estamos acostumados a ver. Tamén estivemos, como non, en Atenas, pero esa cidade non nos gustou moito. Había zonas moi vellas e algunhas persoas eran moi raras, con perdón. Pasamolo moi ben pero nestes últimos días xa tiñamos unhas poucas ganas de vir a Melide e ver a nosa xente.
Silvia e Patri, 3ºA
2 comentarios:
¡Que sorte! Felicitacións por ter tido - e ter aproveitado- esta magnífica oportunidade de visitar este país que paga a pena visitar unha e mil veces. Espero que vos gustase a comida grega...Eu vou confesar una cousa; a min non me gusta nada: tanto queixo, tanta salsa, os doces que son insoportablemente doces... O único que me gusta é a "musaka". Faime moita Grecia o dos burros e o de que en Atenas hai xente "rara". je,je,je. Supoño que tedes moita razón. je,je,je. Un saúdo.
Alégrome moito de que o pasarades tan ben. As miñas alumnas e máis eu (con xente doutros centros) estivemos alí en marzo e verdadeiramente Grecia marabillounos. Ainda que Atenas non nos gustou tanto, a beleza do país fai que pague a pena unha viaxe como esa. Seguro que Susana disfruta tanto coma min vendo a cara de asombro dos seus alumnos ante tantas marabillas.
Unha aperta
Magdalena
Publicar un comentario