29/09/09

APRENDENDO A LER

Non, non somos de infantil... pero si que é certo que estes días estamos aprendendo a ler en grego e acordámonos de cando deletreabamos "mi ma-má me mi-ma...". Para axudar un pouco nesta tarefa botamos man dunha estupenda presentación de Ana Ovando, esa "mega-profe" de Valencia que fai cousas tan chulas.

Leer griego - Watch more Videos at Vodpod.

2 comentarios:

laura pazos dixo...

Non mo podo crer...canto tempo!!!!
Xa que me quedou moita pena de non ter estudado grego contigo, pois vou tentar entón aprender agora.

Un blog marabilloso, Susana. É unha gozada ver o que currades por aí.
Unha aperta enorme, e ata pronto.

Susana Losada dixo...

Que alegría saber de ti, Laura! A gozada é ter toda esta serie de medios que antes non tiñamos e poder disfrutar.