O que esta claro é que temos que organizarnos xa e deixar os cabos atados antes das vacacións de Nadal. O alumnado e as familias xa tedes un plan detallado, pero aquí queremos ofrecervos unha versión máis visual para axudar a decidirvos.
Comezamos pola viaxe a Grecia, a máis tradicional e veterana. Como ben sabedes é unha viaxe ambiciosa e, por suposto, cara. Se cadra non é máis axeitada para o tempos de crise... recordade que a podedes facer noutro ano. Na última diapositiva tedes un enlace con detalles importantes como o presuposto provisional.
Viaxe a Grecia 2010
View more documents from Susana Losada.
En segundo lugar temos a viaxe a Sagunt (Valencia), que será un mes máis tarde que a de Grecia. Esta si que é unha viaxe máis axeitada de presuposto e non menos atractiva que a de Grecia. Iremos a Sagunt coincidindo cos Ludi Saguntini, unha auténtica festa de cultura clásica na que se representa teatro clásico e se realizan talleres de cultura clásica nas rúas da cidade, a que acuden centos de estudiantes da Comunitat Valenciana e outros lugares. Coñeceremos, ademais, a cidade de Valencia e faremos sendeirismo. A única pega é que son poucos días. Na última diapositiva tedes un enlace para ver máis detalles do plan de viaxe. Con estas opcións, ningún alumno/a de clásicas do IES de Melide, debería quedar sen viaxar.
Viaxe a Tarraco e Sagunt
View more presentations from Susana Losada.
6 comentarios:
Ya tengo ganas de veros por aquí, ya veréis lo bien que lo pasáis en Sagunt, aunque lo de Grecia tiene también una pinta estupenda. ¿No puedo ser alumna tuya, Susana?
Amiga Susana: vaia,vaia como as gastas coas viaxes. Nós fomos fai tres anos a Grecia, o ano pasado a Roma e este iremos a London. Animo ás familias a que se apunten aínda en tempos de crise, posto que os beneficios para as mentes do alumnado son inenarrables. Escríbeme ao meu correo eduxunta, que comeza coa inicial do meu nome seguido do apelido, todo en minúscula. A ver se das enviado. Que che saia todo ben.
Pero Ana, si tu eres mi super profe!!!
¡Que marabilla, Susana! Eu creo que me vou ter que conformar coa viaxe Lugo (ó teatro) e xa para iso fixo falta diplomacia e algodón...Xa sabes: hai moitos actividades,Daniel... son pouco alumnos, Daniel...En fin, tentarase mellorar e no departamento de grego do Ies de Melide e na súa xefa teño unha boa referencia. Un saudiño.
Γειά σου, Susana, xa coñecía, e envexaba, as vosas viaxes a Grecia... e as miñas alumnas e alumnos tamén!!!! Tomo nota da información para vindeiros cursos. Envíoche unha mensaxe, vale?
ευχαριστώ!
Qué profe más enrollada que lleva a sus alumnos de viaje a Grecia! Hazte una retsina a mi salud, Susana.
Gracias por la visita a mi blog y felices fiestas! Καλά χριστούγεννα και ευτυχισμένο το 2010.
Publicar un comentario