21/06/11

DESPEDIMOS O CURSO CONTANDO ATA CATRO

Coma todos os anos por estas datas atopámos ao final do camiño, ou máis ben dunha etapa do camiño. Facendo un balance rápido empezamos dicindo que este curso, por razóns diversas, tivemos o blog algo abandoado e facemos firme propósito de reactivalo no próximo curso.
Despedimos ás nosas alumnas de 2º de BAC con parabéns xa que aprobaron selectividade con boas notas, cunha aceptable media en grego. Por parte da profe non queda máis que agradecer a Cristina, Xela e Tamara este curso no que compartimos horas moi agradables no departamento de grego traducindo, lendo aos clásicos e aos non tan clásicos, flando de historia, literatura... Moita sorte na vosa "viaxe a Itaca", desexamos que o voso camiño sexa longo, cheo de aventuras e coñecementos.
En primeiro de BAC tivemos un ano moi especial, xa que ademais de grego compartimos titoría, o que creou entre nós un vínculo máis forte. Tivemos momentos duros e agora estanos costando algo o traxecto final, pero como  Kavafis, non debemos temer nin aos Cíclopes nin ao fero Poseidón, non os atoparemos no camiño si non os levamos dentro de nós. Aprendimos moitas cousas xuntos e pasamos bos momentos... e se  alguén se anima a continuar co grego o ano que ven, benvido/a sexa!
En 4º de ESO tamén tivemos un ano estupendo, xa que con só oito alumnos/as pódense facer moitas cousas, sobre todo si hai ilusión e interese. Pasamos momentos emocionantes co concurso Odisea conseguindo chegar á fase final.Viaxamos a Grecia xunto cos de 3º de ESO e algún de BAC e o que vimos de mitoloxía, historia, literatura deunos para falar e moitas cousas, ademais do mundo clásico.
E xa acabamos cos de 3º de ESO, o grupo máis numeroso e tamén máis animado (...algunha vez a profe tivo que "desanimar" algo). Non vimos todo o que nos gustaría (ou o que lle gustaria á profe) pero levamos unha pequena idea de mitoloxía, literatura e outros aspectos da vida cotiá clásica. Vestímonos de gregos e romanos, viaxamos a Grecia, vimos teatro en Lugo e ata nos acompañou Ánxeles. Especialmente adicado aos rapaces e rapazas de 3º de ESO vai esta canción na imos aprender a contar ata catro en grego: Ta paidiá tu Pireá, "Os nenos do Pireo" que usamos como parte da nosa banda sonora do noso vídeo da viaxe a Grecia.
Esta canción é todo un clásico da música grega. Interpretouna por primeira vez Melina Mercuri, que ademais de unha gran actriz é un referente da cultura grega, chegando a ser ministra de cultura. A letra e música da canción foron composta para a película Nunca en Domigo (de J. Dasin, 1960) por Manos Jatsidakis, un dos autores máis influínte e prolífico no panorama musical grego do s.XX.
Esta primeira versión, a cargo de S. Rouvas, é algo máis tradicional e casi vai a ritmo de sirtaki. Nela podedes ver escenas da película:


Pero a versión que causou furor foi esta outra de Aroma FT Katerina, que xa nos vai preparando para o verán:


E para poder cantar todos xuntos en clase aquí vai a letra, transcrita e traducida ao galego. Despois de cantala unhas cantas veces, xa podedes contar ata catro en grego. Quen queira aprender a contar algo maís pode matricularse en grego o cultura clásica. FELICES VACACIÓNS E FELIZ VERÁN!!
Tα παιδιά του Πειραιά

2 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dixo...

Que envexa de xente de Clásicas en Melide....!
Aquí na Estrada practicamente desapareceu o grego (a Cultura Clásica xa estaba desaparecida)
Tes un mérito incrible!
pd: terás por aí o teléfono das amigas esas túas que saen no vídeo-que-causa-furor.....??

Susana Losada dixo...

Pois si que causou furor o vídeo e algúns dos meus alumnos/as xa teñen a canción descargada no móbil. Para incentivar a matrícula no MGB, podes dicirlle que a tal Katerina (cantante fashion) vai impartir uns seminarios de cultura clásica na Estrada...