21/09/12

OUTRO SETEMBRO MÁIS

O supernumeroso 3º de ESO

As/os valientes de 1º de BAC- humanas
Como non podía doutro xeito, retomamos a nosa actividade despois da parada estival. E non é que no verán non haxa cousas que contar..., pero é ben certo que o calor, as viaxes e, para moitos de nós, a abundacia doutras obrigas fannos aparcar o blog durante un par de meses. As clásicas seguen presentes e ben vivas no IES de Melide neste curso 2012-13. Imos facendo reconto. O departamento de grego faise cargo dun grupo de cultura clásica de 3º de ESO con 27 alumnos, nunca tantos fumos nun aula até o de agora. Nun principio desbotamos a posibiliade de facer un desdobre, pensando que o número de alumnos/as non pasaría de 25... para o ano que ven terémolo en conta e faremos as cousas mellor. En 1º de BAC hai 15 alumnas/os matriculados, superando en número aos ciencias, que son só 9 (a opción que arrasou en Melide no bacharelato foi a de Ciencias Sociais). En segundo de BAC 8 alumnas escolleron o grego como propio de modalidade, convencidas xa de entrada de que van atacar duro e sacar unha boa nota na selectividade, coa axuda dos deuses. Non conseguimos recuperar a cultura clásica de 4º, pero seguiremos pelexando para recuperarla. O departamento de grego completa horario con dous reforzos de 1º e 2º de ESO, apoios, club de lectura e o que vai xurdindo por aí. Folga dicir que en reforzo traballaremos con materiais de cultura clásica, xa estamso a voltas coa Odisea, a ver si non tardamos en poder ensinar os froitos do nosos traballo.
O departamento de latín asume un latín de 4º de ESO con 16 alumnos, o 1º de BAC de humanas con 16 alumnos e, atención, outro latín de 1º de BAC optativo, con alumnos de ciencias sociais e algún de ciencias e un latín de 2º de BAC tamén con 8 alumnas. Este ano tentaremos ir introducindo novidades e tentaremos estudar o grego antigo de 1º de BAC como se estudian os idiomas modernos. Para elo seguiremos o método Ἀθήναζε, que nun principio coñecéramos a través de Sito Yelas. Pero a maior parte do material que empregaremos será o preparado por Ana Ovando, unha superprofe de clásicas da Comunidat Valenciana, que podedes atopar nas nosas ligazóns imperscindibles: Un neno grego en casa.
As 8 musas de 2º de BAC (9 coa profe a modo de Velázquez)
Como todos os anos tentaremos facer unha viaxe longa na primavera. Este ano pensamos en novos destinos, lugares claves da cultura grega no Mediterráneo como Sicilia, como posible alternativa a Grecia. Pero se a crise nos impide saír da península, sempre poderemos asisitir aos Ludi Saguntini, facendo un percorrido pola Comunidat Valenciana, paraíso da ensinanza das clásicas para calquera profesor que se precie.

3 comentarios:

Álvaro P. Vilariño dixo...

alaaaaaa, 27 en Cultura Clásica, menudo milagre!
Penso que Melide debe ser unha especie de "milagre valenciano" aquí na Galaecia...
Xa me contarás deses plans de viaxes. Nós iremos a Grecia, iso foi o prometido!!

Ana Ovando dixo...

Qué maravilla tener tantos estudiantes en materias de clásicas, enhorabuena por la parte que te toca, Susana, es el reflejo del estupendo trabajo que estás haciendo en el centro. Mi enhorabuena va también para los chavales porque tienen la suerte de poder disfrutar de una excelente profesora.
Ojalá pueda salir el viaje a Sicilia pero si os quedáis con la alternativa de los Ludi Saguntini, me encantará veros de nuevo por aquí, estaremos esperándoos con los brazos abiertos.
Muchos ánimos para el curso que empieza.

Anónimo dixo...

Espero que este ano de cultura clásico sexa tan divertido coma o do ano pasado e como non o vai ser con Susana un ano máis que lle pon tanto ánimo as clases.