O primeiro volume da serie en cómic Las Águilas de Roma, foi a lectura escollida por Mariano e un dos poucos libros comentados na clase de Cultutra Clásica de 3º de ESO até o de agora. Dado que o noso presentador non seguiu os consellos que publicamos hai algúns meses, imos completar algúns datos e tratar de resumir e comentar a exposición.
A serie Las Águilas de Roma consta até o momento de tres volumes publicados pola Editorial Norma. O seu autor é E. Marini, autor tamén de El Escorpión, unha serie de "capa e espada" ben coñecida por algúns lectores de cómic do IES de Melide.
Las Águilas de Roma está ambientada no tempo do emperador Augusto, recén inaugurado o Imperio, e ten por escenario Roma e Xermania. Despois de conseguer unha vitoria sobre os pobos xermanos, o xeneral romano Druso sela alianzas cos vencidos levando fillos dos seus caudillos como reféns a Roma para garantir a paz. Entre eles está Ermanamer, fillo do príncipe querusco Sigmar, que é entregado a Tito Valerio Falco, un severo xeneral retirado, para ser educado coma un romano. Arminio, nome romanizado de Ermanamer, educarase xunto con Marco, fillo de Falco e a súa esposa xermana Albinia. Arminio e Marco enfrontaranse á dureza da educación imposta por Falco e iniciaranse na vida adulta, propia dun noble romano, nunha relación de rivalidade nun principio e de amizade e irmandade de sangue máis tarde.
Un dos apectos máis valorados neste cómic é a perfección do debuxo que nos ilustra de diferentes aspectos da cultura romana: as guerras contra os xermanos, a vida nas villae, a vida na gran urbe romana... Sorprenderon e fixeron as delicias de algúns/as o explícito das imaxes eróticas e de acción (doma dun cabalo, cacería dun oso...).
A outras/os gustounos especialmente a recreación do foro romano, a vida nunha villa: o triclinium e outras partes da domus, o traballo dos escravos, o labor do paedagogus, a instrución física dos mozos, as panorámicas de Roma, dun campamento romano...
E non remata aquí a historia, os volumes II e III están agardando por vos na biblioteca.
Titoría
-
1.- Kitbull.
2.- 5 consejos para la vuelta al cole.
3.- Berlín y Postdam (españoles por el mundo).
4.- La puerta de Brandenburgo.
5.- Altar de Pér...
Hai 4 anos
2 comentarios:
Susana, eu fixera este cuestionario hai tempo.
Por se che vale de algo...
http://divesgallaecia.blogspot.com.es/2010/05/las-aguilas-de-roma-cuestionario.html
Grazas por recordarmo!! Se non se gardan as cousas, a memoria falla, descargareino de inmediato
Publicar un comentario