Zeus únese a Metis, deusa da intelixencia e filla de Oceano e de Tetis e polo tanto curmá de Zeus. Foi quen lle proporcionou a Zeus un bebedizo para que llo dese a seu pai Cronos e así conseguir que este vomitase a todos os fillos que posteriormente devorara.
Metis foi o primeiro amor de Zeus e este, deixouna embarazada. Pero logo, un oráculo de Urano e Xea predixo que o segundo fillo que Zeus tivese con ela, íao destronar como fixera el con seu pai. Zeus, asustado pola predición, decide devorar a Metis. A partir de entón, Metis continuará albergando no seu interior ó seu fillo e este seguirase desenvolvendo, a pesar de estar no interior de seu pai. Isto provoca que o fillo do deus supremo adquira os seus coñecementos ancestrais.
Ó cabo dun tempo, Zeus sufre unhas terribles dores de cabeza e decide chamar a Hefesto, o ferreiro dos deuses, para que lle abrise a cabeza cunha acha e lle quitase a dor.
Da cabeza de Zeus nace entón Atenea, xoven e fermosa, completamente armada co seu casco e escudo. Atenea será, polo tanto, a deusa da sabiduría e da guerra ademais de ser un dos deuses do Olimpo.

2 comentarios:
Moi ben Cristina. Ben redactado e amplias de forma interesante as explicións que fixemos na clase. Vou sacar algunha coma do texto (non debes separa suxeitos de oraciós como "un oráculo de Urano e Xea, predixo...". Fáltache unha imaxe e etiquetar o texto en "Amantes de Zeus"
Perdoa, xa tes a etiqueta, pero non a vira.
Publicar un comentario