Coñecemos as aventuras de Eneas a trevés de distintas fontes, pero a principal é Virxilio. Este foi un poeta romano do s. I a. C., que por encargo do emperador Augusto escribiu un poema épico para enxalzar as orixes de Roma. O poema, titulado a Eneida, entroncaba aos romanos co pasado heroico dos gregos por medio de Eneas e outorgaba ascendencia divina e prestixio á cidade facéndoos descender dos deuses Venus e Marte. Ademais, a familia Iulia, á que pertencía Augusto, aparecía como descendente do mesmo Iulo ou Ascanio. Virxilio quiso destruír o poema antes de morrer porque non estaba revisado, pero Augusto conseguiu salvalo e fíxoo publicar, chegando ata nós.
Eneas
View more presentations from susanalosada.
3 comentarios:
Parabéns polo blog. Gostei moito del.
Un saúdo
Que bonito que te atopei. E que ben o fas.
Bueno, bueno, todo se andará: o meu blog de clase é pequeniño, e só o utilizo para colgar algúns materiais. O blog meu realmente é o da biblioteca, bilioboveda, que é onde paso a maior parte do tempo dende fai cinco anos.
Publicar un comentario