A pesares de que o tempo se nos resiste e non da marchado o inverno, xa é primavera en Aspasia. Velaí toda unha ampla gamma de modelos que poderemos lucir proximamente nos
Ludi Saguntini, na representación do
Miles Gloriosus no teatro romano de Sagunt.
E que non queda case nada para a nosa viaxe a Sagunt e Tarraco!!!. Esta vai ser unha auténtica viaxe no tempo: escoitar unha obra en latín nun teatro romano e vestidos de romanos.
E para que a nosa participación estea á altura do acontecemento, estamos a estudar na aula como vestían os antigos gregos e romanos. Xa levamos un cantos "talleres" ensaiando diferentes modelos con teas, e a verdade é que non parecen complicados e son bastante lucidos.
Aínda que non imos todos a Sagunt, a gran maioría si imos usar o traxe de romano/a en máis ocasións, como na gran festa romana
"Arde Lucus" a finais de xuño en Lugo.
Veña, conseguide xa a tela que non queda moito tempo e aínda temos moito que facer.
2 comentarios:
Sempre me sorprendes e canto aprendo contigo. Sigue así que eu quero seguir aprendendo.
Un saudiño
Hécuba, sempre tan xenerosa cos teus comentarios. A aprendizaxe é mutua, un bico
Publicar un comentario