29/09/10

COMEZANDO O CURSO CON MOITO ÁNIMO

Por fin nos desperezamos e comezamos a nosa actividade en Aspasia. Este ano estamos encantados porque somos un montón, unha boa nova nestes tempos que corren.
Como di Ana, unha admirada e querida profe grego, a situación dos profes de clásicas é difícil, dado que só vivimos de optativas e se fallamos as alumnas e alumnos escollen as nosas materias. Algúns, a pesares da sorte que é ter un traballo estable, temos a sensación termos gañar o pan día a día sen baixar nunca a garda, facendo todo tipo de actividades para non perder alumnado. Ata o de agora imos tendo sorte, pero ata cando nos van favorecer os deuses olímpicos? e, o que é peor, aturaremos o ritmo frenético de actividade ata os 67 anos? Ata o de agora fumos tendo sorte, pero incerto é o destino...
O noso récord é a cultura clásica de 3º de ESO, na que se matricularon 40 alumnos/as, repartidos en dous grupos, un a cargo do departamento de latín e outro a cargo do de grego. Parece que axudaron os deuses do Olimpo e tamén algo as gardas en 2º de ESO con películas relacionadas coa cultura clásica, os proxectos de viaxe... É un curso moi prometedor, xa que varias rapazas e rapaces son voraces lectoras e xa leron adaptacións da Odisea, cómics das Aventuras de Ulises e outros libros de mitoloxía que temos na biblioteca. Ademais temos a sorte de ter unha das nosas horas de clase na aula de infomática, polo que poderemos traballar no blog e con outros recurso Tics.
En 4º de ESO só hai sete alumnos de cultura clásica,pero con moitas ganas de aprender. Máis que un inconvinte, ser pouquiños é perfecto para traballar en equipo. Seguro que as tres horas semanais dan para moito. En 4º de ESO hai, ademais, dous grupos de latín de 19 e 7 alumnos cada un.
En 1º de BAC este ano matriculáronse 19 alumnos en latín e grego, formando un grupo completo coa opción de humanidades, coa profe de grego como titora (ídevos preparando...)
En 2º BAC só se matricularon 3 alumnas en grego II, e 6 en latín II. Certo é que estas tres alumnas (As Ttres Gracias) son do mellorciño e seguramente terán uns magníficos resultados dadas as súas ganas de traballar. As clases van ser no departamento de grego e seguro que estaremos comodísimas con todo o material tan a man.
E xa só nos queda poñer as pilas e empezar a traballar en serio. Non esquezamos que a partir da segunda quincena de outubro comezamos a organizar a viaxe a Grecia, a ver si este ano vai (e senón, tampouco está mal Valencia, Andalucía, Extremadura, Cataluña... e por suposto Galicia. Preguntádelle aos de outros anos).

5 comentarios:

Ana Ovando dixo...

¡Qué alegría de números, Susana! Enhorabuena por los grupos. Seguro que lo vais a disfrutar. Mis mejores deseos para este curso.

Álvaro P. Vilariño dixo...

Debes de ter o récord de alumnos de Cultura Clásica!
I eu que a dou por extinguida (alomenos no meu Centro...)
Está claro que hai que poñerse as pilas. A min colleume de improviso, tanto a desaparición do grego como a falta de alumnos en latín (que boa idea o das gardas!)
Pois iso, que estades recollendo os froitos dun gran traballo anterior...
Xa sei o que me toca, empezar coas campañas publicitarias aula a aula outra vez!
E que sabe se volver a estudiar grego...!

santi dixo...

Veo que empiezas con muitos animos y muitos alumnos! Qué bien!
Καλή αρχή!

Daniel Lagoa dixo...

Felicidades, Susana, pola "cantidade" e pola "calidade" dos grupos. Aquí estaremos un ano máis para seguir con atención este blog, que contaxia bo ánimo, dinamismo e gañas de facer as cousas ben. Sortiña para o novo curso.

Susana Losada dixo...

Grazas polos vosos animos, a verdade e que o temos dificil e esixe moito tempo e dedicacion manter o alumnado (escribo sin acentos porque ando estes dias por Atenas, nunha viaxe persoal, descubrindo recunchos marabillosos)