Como este ano non conseguimos xente suficiente para unha nova expedición a Grecia, decidimos repetir a
experiencia de hai cinco anos, participar nos Ludi Saguntini, visitando, ademais de Sagunt, Valencia e Tarragona.En Sagunt teremos a sorte de poder realizar dous talleres na Domus Baebia Saguntina: escritura e hixiene e coidado persoal e, se fose posible, participarímos nun terceiro para practicar un pouco de latín vivo. O noso periplo culminará coa asistencia á representación do
Miles Gloriosus de Plauto no teatro romano de Sagunt, vestidos de romanas e romanos. A estas alturas estamos todas nerviosas/os, acabando de facer a nosa equipaxe e dando os últimos toques ao noso traxe de romanos.
Deixamos aquí a nosa guía de viaxe, unha versión correxida e aumentada da anterior de 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario