Onte, luns 15 de febreiro, o tempo concedeunos unha tregua e puidemos celebrar a Noite de Estrelas, que tiñamos prevista, organizada polos departementos de Matemáticas, Física e Grego coa colaboración do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller Ulloa, da USC, dentro do seu programa TODOCOSMOS, financiado pola FCYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).
Dous membros do observatorio fixeron primeiro unha exposición no salón de actos, repleto de xente de todas as idades, explicándonos conceptos básicos sobre o sistema solar, a lúa e as estrelas.
Despois veu o máis emocionante, a observación no recinto do instituto da lúa, da nebulosa Orión e de Xúpiter cos seus satélites a través de potentes telescopios, coa guía e axuda de Jorge e Pedro Pablo Campo, que nos atenderon con infinita paciencia e amabilidade.
Máis de cen persoas de todas as idades, alumnado dos colexios e instituto, gozamos dunha noite fantástica de estrelas, a pesares dos -3º marcaban os termómetros ás 23.20 horas, cando rematou a nosa xornada.
Grazas a tod@s os que asististes e, sobre todo, ao OARMA (Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller)
Titoría
-
1.- Kitbull.
2.- 5 consejos para la vuelta al cole.
3.- Berlín y Postdam (españoles por el mundo).
4.- La puerta de Brandenburgo.
5.- Altar de Pér...
Hai 4 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario