Por outra banda, velaí ao noso παλνητάρχης termando do mundo, nunha viñeta de Fernando Vicente, que saíu publicada en El País do 25-1-09 para ilustrar o artigo de Vargas Llosa Obama en la casa Blanca. É indubidable que esta imaxe nos recorda algo, algo relacionado coa mitoloxía. Aí vai, logo un traballiño:
- Para 1º e 2º de BAC un traballo de etimoloxía:
- Buscar o significado das dúas palabras gregas que compoñen πλανητάρχης e traducir literalmente o seu significado.
- Buscar helenismos na nosa lingua que conteñan cada unha destas raíces, παλνήτης e ἀρχή (alomenos dous de cada palabra).
- Intentar crear con estas dúas raíces gregas unha palabra equivalente na nosa lingua (logo podemos propñela á RAG ou á RAE, a ver si a aceptan)
1. Averiguar a que personaxe mitolóxico fai referencia esta viñeta de Obama. Para elo ten en conta as seguintes pistas:
- Era un titán, fillo de Xapeto e, polo tanto, irmán de Prometeo.
- Por rebelarse contra os deuses na titanomaquia, Zeus castigouno a ter que cargar contra cos ceos
- O seu nome propio utilizámolo como nome común, para designar un libro que contén mapas.
3. Averiguar que personaxe mitolóxico o convertiu en pedra, dando lugar a un importante accidente xeográfico no norte de África.
Para dar a túa resposta, fai un comentario a este artigo e non esquezas poñer o teu nome, para que a profe che poda subir a nota. Date presa, porque só os primeiros comentario coas solucións correctas serán publicados e terán dereito a subida de nota.
11 comentarios:
Nora boa a todas, pero a mási rápida foi Cristina conde, e para que os de 3º tamén poidan participar e non vexan a solución, véxome obrigada a borrar os comentarios
Noraboa a Patri e, aínda que non foi a primeira, a Daniela. Xa sabedes que para atopar a solución correcta cumpre ler atentamente as instruccións e as pistas. Varios atopastes boas explicacións en Wikipedia, que é unha boa páxina. Ánimo a seguir entrenando para o concurso Odisea
Para 1º e 2º de BAC un traballo de etimoloxía:
1. Significa literalmente poder do planeta.
2. Planetario, planeta; arquilogía, arquiblasto.
3. A palabra nova é planetarquía.
Publicar un comentario