04/02/10

MORDENDO AS UNLLAS NO CONCURSO ODISEA


Despois de tres días respondendo as preguntas do concurso Odisea, organizado pola SEEC, hoxe estamos desesperados co famoso preguntón do cuarto día. Buscamos ese personaxe dunha comedia grega co seu nome en latín, que ademais debe ter 12 letras, para colmo de males non controlamos a nin inicial, xa que na 1ª pregunta hai varias posibilidades ¡¡que difícil!! (Ata nin o atopa a profe!) Hai algúns que xa están a punto de abandoar, pero sabemos que noutros centros xa o atoparon, e iso dános ánimo. O caso é que aínda que ao día seguinte os de 3º de ESO teñen exame de bioloxía ou os de BAC foron toda a mañá de excursión, aquí estamos dando o caio arredor de 30 rapaces e rapazas, moitos incluso quedaron aquí a comer unha pizza para non perder tempo. Ata algún de ciencias se achegou a botar unha man e participan antigas alumnas de cultura clásica que agora están en ciencias. A ver a que hora saímos hoxe de aquí. O ano pasado un equipo do IES de Melide conseguiu chegar á final, que pasará este ano?, conseguiremos chegar á final en Compostela?

3 comentarios:

Daniel Lagoa dixo...

¡Moitísima sorte! Oxalá que, como mínimo, repitades posto...

Susana Losada dixo...

Grazas Daniel, o certo é que se clasificaron tres equipos, todo un éxito!! Xa mereceu a pena chegar ata aquí.

santi dixo...

Qué entusiasmo!
A mí se me pasó al final, con lo del viaje a Chipre :)
No pude hacer fotos en el Museo de Arte Cicládico, pero cuando el guardia se despistó abrí el objetivo y zas, la imagen que te prometí!!
Saludos y enhorabuena por la clasificación!!