Por fin unha das actividades máis esperadas, a nosa mega viaxe a Grecia. O itinerario deste ano é todo un luxo: Atenas, Creta, Delfos e como novidade deste ano, Istanbul; xa que o noso voo fai escala aí. Istanbul, aínda que pertence a Turquía ten un gran pasado grego, a antiga Bizancio do estreito do Bósforo foi rebautizada como Constantinopla para ser capital do Imperio Romano de Oriente,ou Bizantino, durante máis de mil anos.
Temos xa un presuposto e temos que decidir se nos apuntamos e pagar a nosa reserva de 150 € antes de este venres 8 de novembro ás 11.45 h. Andamos algo xustos de tempo, pero xa estamos acostumados a reaccionar con rapidez nos temas de viaxes.
Hoxe tamén comezamos a traballar na recaudación de fondos e xa temos toda unha brigada de vendedores de doces Casal Coton, que están realmente bos. Xa sabes como podes colaborar con nós. Ánimo e a traballar!!
Titoría
-
1.- Kitbull.
2.- 5 consejos para la vuelta al cole.
3.- Berlín y Postdam (españoles por el mundo).
4.- La puerta de Brandenburgo.
5.- Altar de Pér...
Hai 4 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario