08/03/09

Artemisa

A que estou guapa?
Ola rapaces! Que tal polo instituto? Pois nada, que me gustou este blog e gustaríame que soubérades de min. O meu nome grego é Artemisa, aínda que os romanos me chamaban Diana. Son filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo.
Son a deusa da caza, dos animais salvaxes, da creación, da castidade e tamén dos partos, pois axudei a miña nai no parto de meu irmán. E fíxeno moi ben! Modestia a parte!jaja! De ahí que me chaman a Luminosa. Soa ben non? Agora claro con todos os hospitais que hai xa non axudades como facía eu. Por que, a que estou no certo ó pensar que no voso instituto non hai ningunha deusa dos partos?
Son unha deusa virxen, non quero ós homes para nada, total son todos iguais e hai moitos que non nos merecen verdade rapazas? Tamén estou relacionada ca Lúa. Adorábanme en toda Grecia, pero os meus lugares de culto máis famosos son Braurón, Muniquia e Esparta.
Normalmente, no arte grego clásico, aparezo representada coma unha cazadora con vestido curto, botas de caza, arco e frechas. Soio ter ó lado un can de caza ou un cervo.
Hera, a verdadeira esposa de papá, prohibiu que miña nai dera a luz onde dera o sol, polo que Zeus enviou ó vento para que collera a miña nai e a levara a onde Poseidón. Éste cubriuna cas olas e finalmente nacemos meu irmán máis eu.
Non me quero enrrollar moito máis porque o mellor se vedes moita letra non vos apetece coñecerme. Voume despedir contándobos un dos meus mitos:
Hai xente que di que eu enviei un escorpión a Orión para matalo debido a súa soberbia e porque decían que era o mellor cazador; outros din que eu estaba moi namorada del e que meu irmán, por celos ou para protexerme, enganoume e retoume a un duelo de disparo de frechas contra un punto, aparentemente ó azar, pero que realmente era Orión, e acabeino matando.
Pero isto só é o que din eh...

Patri _(3ºA)

1 comentario:

Susana Losada dixo...

Bravo, Patri, es a primeira que empezas a publicar sobre os deuses olímpicos. O artigo é moi entretido e está moi ben o estilo desenfadado, falando como dixemos, en primeira persoa. De todos xeitos hai cousas que debes corrixir: antes dos signos de puntuación non se deixa espacio, senón despois. Eu xa corrixín os dous primeiros párrafos, ti debes facer o resto e repasar algún acento. Cando falas de que Artemisa é a deusa dos partos, podías engadir que por iso se lle chamaba a "Luminosa" e así sae mencionada en Lisístrata, unha das obras que limos e vimos hoxe.