Fernando, domenechino no mundo blogueiro, envíanos este meme e agradécémoslle os honores e o refresco. Fernando máis Aspasia fomos compañeiros na facultade e "parimos" blogs case na mesma data. Xa sabíamos que andaban circulando refrescantes limonadas polos blogs, e parécenos unha boa excusa para intercambiar blogs amigos. As normas son:
- Pór o logo no post ou no blog.
- Nomear polo menos a outros 5 blogs que mostren gran Actitude e/ou Gratitude
- Asegurarse de enlazar ben aos nomeados no post.
- Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blog.
- Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.
Os nosos blogs premiados son:
- Heladio Anxo, que dende o seu blog Caladiños cóntanos noticias con historia, fálanos de libros que nos fan mellores, recórdanos as paisaxes da súa nenez ou nos fai pensar sobre o que está a ocurrir.
- Encarna, Hécuba non mundo blogueiro, porque o seu blog é toda unha referencia para un blog con poucos meses de vida como Aspasia.
- Paco Núñez, que co seu blog de economía e Luces, cámara... Acción! fai que algúns paganos podamos achergarnos a algo tan arduo como a economía.
- Todas as rapazas e rapaces devoradores de libros, que alimentan o noso blog Papalibros do club de lectura do IES de Melide, porque co seu entusiasmo fan que o traballo na biblioteca sexa un auténtico pracer.
- Daniel, tamén compañeiro de "parto" no mundo blogueiro, porque escribe cun entusiamo que contaxia.
2 comentarios:
¡MIL GRACIAS, ASPASIA-SUSANA! Significa moito para un ex-cavernícola dixital coma min recibir este premio. Hai nada que non sabía o que era un "pen-drive " (un "pendrello", que decía un amigo) e agora véxome convertido en "blogger": agora si que sou algo. Tamén eu sigo sigo o teu blog con moito interese: non podía ser doutro xeito chamándose Aspasia (como sabes, un personaxe que tamén a min me motiva e me interesa). As túas verbas anímanme a seguir escribindo con renovado entusiasmo. Por certo, dentro de pouco tamén eu espero conceder os meus premios limonada... Un saudiño.
Moitas grazas, Susana, por tan refrescante regalo. Non sei se son merecedora de tal agasallo. Espero que, aínda que Chiron remate, sigamos en contacto pois eu admiro moito o teu traballo, do que aprendo e penso seguilo moi de preto.
Un saudiño
Publicar un comentario